Confusión e morte de María Balteira / Marica Campo
por Campo, Marica [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Bahía narrativa ;5.Editor: A Coruña :Bahía ,1996 Edición: 1ª ed.Descrición: 135 p ;20cm.ISBN: 8487674712.Materia(s): 82N-G | Lendas | Maxia | Fantasía | MulleresResumo: o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais para comprendermos o que é a nación galega.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Sanxillao Sala préstamo | 4860-3 CAM con | 1 | Dispoñible | LED023000002662 |
|
Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas.
o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais para comprendermos o que é a nación galega.
1º-2º BAC