Keegan, Claire. (1968-)

Cousas pequenas coma estas / Claire Keegan ; traducido por Isaac Xubín - 1ª ed. - [Vigo] : Rodolfo e Priscila , 2024 - 81 p. ; 20 cm

O inverno de 1985 é frío e húmido na pequena vila irlandesa de New Ross. Bill Furlong, dono dun almacén de leña e carbón, ocúpase con dilixencia dos numerosos pedidos. Furlong é un home honrado, un xefe xusto e un pai de familia bondadoso. A súa única preocupación é dar conta do traballo e que non lles falte de nada ás súas cinco fillas e á súa muller, Eileen. Pero unha mañá, ao entregar un cargamento no convento da vila, bate cunha situación perturbadora . E daquela debe decidir se mirar para outro lado e agachar a cabeza, como fan todos, ou tomar partido a pesar das consecuencias.
Co caso das lavanderías da Madalena que conmocionou á sociedade irlandesa a finais do século XX como pano de fondo, Claire Keegan bosquexa nesta novela o agudo retrato dunha comunidade pequena presa dos seus propios pactos de silencio. A súa perspicacia para o retrato psicolóxico e o delicado refinamento da súa prosa converten a Keegan nunha das narradoras máis brillantes do seu tempo.

9788412785234


Establecementos penitenciarios de mulleres---Irlanda---Novelas
Establecimientos penitenciarios de mujeres---Irlanda---Novelas
Nais solteiras---Irlanda---Novelas
Madres solteras---Irlanda---Novelas


Novela da vida cotiá
Novela de la vida cotidiana
Novela social e política
Novela social y política

821.111(417)-31"20"*V*S

Coa tecnoloxía Koha