Lema, Bea

El Cuerpo de Cristo / Bea Lema - Bilbao : Astiberri Ediciones , 2024 - 174 p. : il. b/n e cor ; 24 cm - Sillón Orejero .

Gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024.
Realizada durante unha residencia na 'Maisons des Auteurs' de Angoulême (Francia), 'El Cuerpo de Cristo' é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis aló da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller pechada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica.

Cando Vera era nena, un demo rondaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala en cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición desvanécese para deixar paso ao diagnóstico. Pero, a pesar dos malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte que calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788419670144


Banda deseñada
Libros de autor
Bordado
Enfermidades mentais
Relación nai-filla

821.133.1-91"20" 741.52:746.3

Coa tecnoloxía Koha